11/12/2020
Gente Viajera de Galicia 11/12/2020

Cada tarde de venres saímos de viaxe en Onda Cero Galicia. Convidamos a galegas e galegos viaxeiros e percorremos vilas e cidades porque sempre hai algo novo por descubrir. Súmate á Galicia viaxeira con Susana Pedreira.
Comezamos a viaxe desta tarde repasando a actualidade e cunha primeira parada no Museo de Pontevedra para visitar a exposición 'Nadais. Colección Filgueira Valverde'. Visítanos a escritora Ledicia Costas para celebrar con nós o seu Premio da Cultura Galega 2020 na categoría de letras e levarnos de viaxe polo mundo. Temos unha cita coa nosa consultora turística de cabeceira, Lidia de la Fuente, e chegaremos ata Gondomar como destino final desta tarde para facer turismo co seu alcalde, Francisco Ferreira
Temas
- Onda Cero



