13/03/2023
Xulio Gil e a simboloxía do conflito

Visitamos o Museo de Pontevedra cos nosos micros para coñecer os seus fondos, espazos e as diferentes exposicións que ofrece. Os nosos guías serán persoas que manteñen unha relación especial co Museo e hoxe estreámonos co fotógrafo vigués Xulio Gil. Ata o 27 de marzo o Edificio Castelao acolle a mostra "Símbolos do conflito" que reúne os traballos conceptuais que o fotógrafo realizou desde o ano 2000.
Neste enlace directo á nosa web podes volver visitar o Museo a través da radio en compañía de Susana Pedreira e Xulio Gil.


