02/07/2025

- 15:47 MIN
I Velada Noite de Guerreiras: o primeiro grande encontro do boxeo feminino galego
Conversamos coa boxeadora pontevedresa Laura Rodríguez sobre a I Velada Noite de Guerreiras, un evento histórico no boxeo feminino galego que reunirá a figuras chave desta disciplina deportiva o sábado 5 de xullo a partir das 19:30h.
A velada xa ten entradas á venda por 15 euros -en La Vieja Escuela de Vigo - e conta co apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Deporte Galego. Este evento quere visibilizar e empoderar as mulleres no mundo do boxeo, unha disciplina na que a súa presenza segue a ser minoritaria, e crear unha comunidade diversa, forte e acolledora que reivindique o boxeo como espazo de igualdade, forza e autoestima. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en Onda Cero Pontevedra.
Temas
- mas de uno pontevedra
- Susana Pedreira
- Pontevedra


