23/12/2020
Unha San Silvestre especial para un 2020 diferente

Falamos co concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, e co co-director da San Silvestre deste ano, Victor Rioboó. A carreira máis senlleira do Nadal chega cun MetroSilvestre e unha proposta de 10 circuítos ata o 15 de xaneiro
‘Unha carreira distinta para un ano especial. Rara, pero San Silvestre’. Así será neste 2020 marcado pola pandemia da Covid-19 a carreira máis senlleira do Nadal, que o Concello logrou sacar adiante grazas ao intenso traballo e vontade, así como ás enormes doses de ilusión e imaxinación, despregados polo Servizo Municipal de Deportes e a Sociedade Ximnástica de Pontevedra. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista co concelleiro de Deportes de Pontevedra, Agustín Fernández, e co co-director da San Silvestre deste ano, Victor Rioboó.
Temas
- Onda Cero


