29/06/2023
Unha nova edición de Feiradeza regresa a Lalín

O concello de Lalín acollerá do 30 de xuño ao 2 de xullo a trixésimo oitava edición de Feiradeza, na que se inclúe o Open Internacional da Raza Frisoa.
A cita contará de novo con ganderías de toda Galicia, procedentes de zonas gandeiras como Santa Comba, Lugo, A Pastoriza ou de Deza. Ata o momento hai xa un total de 144 animais rexistrados, aínda que este número pode variar aínda.
(Escoita a entrevista con Avelino Souto, concelleiro de medio rural de Lalín)


