A actualidade da xornada e a predicción metereolóxica centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos con Jaime Blanco, presidente da Asociación Galega de Paddelball, recén chegado de participar en Michigan nun campionato mundial. A actualidade deportiva chega da man de Rubén Rey e con Abel MIllán abrimos espazo dedicado ao mundo do motor. Como cada luns poñemos ritmo ao inicio de semana con "Cántamo... en galego!"