29/05/2025

Recibimos a visita dunha das familias gañadoras na última edición de POntenciencia: Familia Dalama Ave, Premio Marie Curie cunha investigación titulada “Os liques como indicadores da contaminación ambiental na cidade de Pontevedra 2025”.
Pontenciencia é un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector. Un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".


