27/08/2025

Paulo Fontán, presidente da Asociación Amizade, considera que hai unha importante marxe de mellora para que as persoas con discapacidade poidan participar, competir e gozar dun amplo mapa de disciplinas deportivas en Pontevedra
Unha das realidades invisible é o deporte adaptado, o deporte inclusivo; en definitiva, o deporte protagonizado polas persoas con discapacidade.
Son poucas as ocasións nas que se coñecen algúns logros, nomes propios ou disciplinas deportivas nas que se rexistran grandes resultados. Só en citas paralímpicas ou campionatos europeos é posible coñecer e achegar ao presente dos deportistas con discapacidade.
O desafío deste encontro no Hotel Rías Bajas non é outro que poñer en primeiro plano o deporte inclusivo: como superan as barreiras para adestrar e competir?, están os equipamentos da cidade de Pontevedra e comarca preparados para dar oportunidades a que as persoas con discapacidade practiquen deporte?
A asociación Amizade é un dos colectivos de referencia. Un verdadeiro altofalante a través do que se coñece como, denúnciase e reivindícanse os dereitos de persoas con discapacidade. Desde hai décadas traballa para que a inclusión en diferentes ámbitos das persoas con discapacidade rexistre avances significativos no longo camiño da igualdade.
(Escoita neste podcast a entrevista íntegra con Paulo Fontán, presidente de Amizade en Pontevedra).


