15/11/2024

Nova edición de 'Rodeiro de Tapas'

Cartaz de Rodeiro de Tapas
  • 05:13 MIN

Nova edición de 'Rodeiro de Tapas'

Gastronomia

compartir
Nova edición de 'Rodeiro de Tapas'

Cita gastronómica que permite degustar tapas elaboradas con productos de outono en oito establecementos de hostalería durante todo o fin de semana

Máxima expectación no interior da provincia pola celebración dunha nova edición de "Rodeiro de Tapas: Sabor de Outono”. Do 15 ao 17 de novembro chega o municipio de Rodeiro unha cita moi agarada.

'Rodeiro de Tapas: Sabor de Outono' é unha iniciativa organizada pola concellería de Cultura, Turismo, Patrimonio, Comercio do concello de Rodeiro. Unha proposta que, como noutras ocasións, a principal protagonista son as tapas elaboradas con produtos locais de tempada.

Os participantes poderán gozar dunha gran variedade de tapas por un prezo de 2,50 euros cada unha. Ademais, o evento incluirá unha votación para elixir a mellor tapa, fomentando a participación e o goce dos asistentes.

(Escoita a entrevista íntegra con Alberte Lamazares, tenente alcalde do concello de Rodeiro).