27/08/2026
Nova edición da Festa Anguía e Mostra da Caña do País 2026

O Concello de Valga celebra xa unha nova edición da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País 2026, unha das citas gastronómicas máis emblemáticas da provincia de Pontevedra e un evento que cada ano reúne a milleiros de visitantes arredor de dous dos produtos máis representativos da gastronomía local.
A programación deste ano chega precedida por un intenso“Agosto Gastronómico”, que inclúe obradoiros, concursos culinarios, degustacións e actividades divulgativas destinadas a poñer en valor tanto a anguía como a caña do país. Entre as propostas destacadas figuran os showcookings temáticos, o concurso Anguía Chef e diferentes iniciativas orientadas a amosar a versatilidade destes produtos máis alá das elaboracións tradicionais.
(Coñece todos os detalles na entrevista con Pedro Calvo, concelleiro de Cultura de Valga)
Temas
- mas de uno pontevedra
- Juan de Sola
- Radio en Pontevedra
- Valga
- Radio Local en Pontevedra
- Pontevedra


