31/01/2023
María Solar: "Vivimos con moitas culpas que non merecemos porque son cargas sociais, sobre todo as mulleres"

- 37:26 MIN
María Solar: "Vivimos con moitas culpas que non merecemos porque son cargas sociais, sobre todo as mulleres"
A nosa radio lectora volve á Librería Cronopios para citarnos coa escritora e xornalista galega, María Solar. "A culpa" é a súa última novela coa que gañou o Premio Xerais de Narrativa. Falamos das diferentes culpas coas que cargamos, das relacións que tecemos cos demais ao longo das nosas vidas e do peso que o pasado ten no presente de cada un.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira desde a Librería Cronopios de Pontevedra


