29/07/2025

Abrimos o programa pendentes dun incendio en Meaño e repasando a actualidade deste martes. Conversamos co alcalde de Cambados, Samuel Lago, e escoitamos o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera. Ademais, completamos o programa cunha das artistas internacionais presentes na Bienal e tomando nota do ciclo de concertos "Con voz de muller" da man de Lara González e Saray Alvela.


