04:48 MIN
“Marisco de A Illa, o segredo do bo gastrónomo”

“Marisco de A Illa, o segredo do bo gastrónomo” é unha aposta por achegar o produto da Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) ós hostaleiros galegos a través da realización de demostracións en escolas de hostalería, onde está o futuro da profesión. Conversamos coa nova presidenta da OPP20, Inmaculada Rodríguez, sobre esta marca creada para proxectar a calidade dos seus produtos máis aló das fronteiras da Arousa.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista no programa "Máis de Un Pontevedra".


