19/04/2021
Luz Gallego le para nós "Os contos da avoa Pepa"

As palabras, os contos, as páxinas dos libros… esta semana son os nosos protagonistas para celebrar o 23 de abril: cada día, un libro para soñar con Kalandraka. Hoxe acompáñanos Luz Gallego, da Libraría Seijas de Pontevedra, para lernos un fragmento de “Os contos da avoa Pepa”, do escritor galego Francisco Fernández Naval, con ilustracións do artista Manolo Figueiras, que é profesor no Instituto Torrente Ballester en Pontevedra.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección e celebrar con nós a Semana do Libro en Onda Cero Pontevedra.
Temas
- Onda Cero


