16/10/2024
A festa da Ameixa enche Campelo de gastronomía, música, e programación para todos os públicos

- 11:07 MIN
A festa da Ameixa enche Campelo de gastronomía, música, e programación para todos os públicos
Conversamos co alcalde de Poio, Ángel Moldes, sobre a XXXVI Festa da Ameixa de Campelo que comeza este venres. Unha edición na que renden homenaxe aos seus impulsores.
A festa mesturará gastronomía, propostas para todos os públicos, música en directo e ambiente mariñeiro para render culto ao produto estrela da ría: a ameixa. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista no programa "Máis de Un Pontevedra".


