01/03/2023
O concello de Cambados extende o seu programa do 8M ata o mes de maio

- 05:42 MIN
O concello de Cambados extende o seu programa do 8M ata o mes de maio
A capital do albariño desenvolverá un gran número de actividades, relacionadas co 8M, en diferentes meses da primaveira e en diversas disciplinas: fotografía, teatro, música, literatura, entre outras.
Último día de febreiro. En cuestión de horas estreamos o mes de marzo con sinaladas datas no calendario como 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Por exemplo, no concello de Cambados, quere fuxir dunha celebración dun día e estenderá a tres meses as actividades de concienciación ou reivindicación e tamén lúdicas. Deste xeito, esta necesaria incidencia de loita contra a discriminación e o machismo percorrerá marzo, abril e deterase en maio.
(Escoita a entrevista íntegra a Samuel Lago, alcalde de Cambados)


