06:02 MIN
Cambados é escollido como Pueblo Mágico de Galicia 2025

Felicitamos ao alcalde, Samuel Lago, por esta nova distinción para Cambados que procede dunha votación popular realizada pola asociación Pueblos Mágicos de España.
A Asociación incluíu nesta edición a categoría rexional nos seus recoñecementos anuais. Lembremos que Cambados xa ostenta este ano a máxima condecoración nacional: Pueblo Mágico de España 2024. As votacións para escoller aos seleccionados nesta nova categoría autonómica recibiron máis de 200.000 votacións nas súas diferentes categorías.
A cerimonia de entrega de premios terá lugar o día 23 de xaneiro de 2025, ás 12:30 na Feria Internacional de Turismo (FITUR), no stand de Pueblos Mágicos de España.


