05/03/2025
Aberta a inscrición para os Premios Martín Códax da Música

Do 3 ao 23 de marzo artistas e bandas galegas poden inscribirse nas diferentes categorías. Falamos do calendario e das novidades coa presidenta de Músicas ao Vivo, Sheila Patricia.
O mércores, 28 de maio, o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a gala de entrega dos Premios, unha gala que irá en consonancia co Día das Letras deste 2025, dedicado ás cantareiras e á poesía tradicional. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en Onda Cero Pontevedra.


