13/04/2026

UFEDEGA, símbolo da cohesión e unidade no deporte en Galicia

Encuentros Hotel Rías Bajas
  • 24:44 MIN

UFEDEGA, símbolo da cohesión e unidade no deporte en Galicia

Encuentros Hotel Rías Bajas

compartir
UFEDEGA, símbolo da cohesión e unidade no deporte en Galicia

Javier Nogueira, presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas, salienta a importancia de artellar extratexias comúns que doten de maior músculo e capacidade as entidades que representan o deporte e deportistas a nivel galego.

Profundizamos nun proxecto de referencia para o deporte federado en Galicia. A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) continúa consolidándose como a principal entidade que agrupa e representa o deporte federado en Galicia, integrando actualmente 58 federacións deportivas e máis de 300.000 deportistas federados, o que supón ao redor do 13% da poboación galega.

Creada en 2007 como unha asociación sen ánimo de lucro, UFEDEGA naceu co propósito de defender e fomentar a práctica deportiva federada en Galicia, alén de servir como espazo común de diálogo, representación e cooperación para todas as disciplinas deportivas da comunidade autónoma. O seu labor oriéntase a mellorar recursos, abaratar custos e facilitar o funcionamento organizativo das federacións adscritas.

Entre os seus obxectivos destacan a promoción de hábitos de vida saudables, o impulso do deporte feminino, o fortalecemento da alta competición, a cooperación interinstitucional e a defensa ante a violencia no deporte. Así mesmo, a entidade promove a formación continua, a mellora de infraestruturas deportivas e a internacionalización do deporte federado galego. Todo iso baixo o lema que define a súa actual identidade: “A Forza do Deporte Federado Galego”.

En xaneiro de 2025, UFEDEGA afrontou unha substitución na súa presidencia tras a saída de Rafael Louzán, quen asumiu a dirección da Real Federación Española de Fútbol. Como resultado, Javier Nogueira, un dos impulsores da unión de Federacións, foi elixido novo presidente. A súa candidatura, avalada polo consenso de múltiples federacións —entre elas baloncesto, piragüismo, ciclismo e balonmán— pretende reforzar a cohesión entre todas as disciplinas e fortalecer o papel do deporte federado galego.

(Escoita a entrevista completa con Javier Nogueira, presidente da Unión de Federación de Galicia)

Temas

  • asociación
  • Juan de Sola
  • audios
  • La Brújula de Radioestadio Pontevedra
  • deportes
  • Hotel Rias Bajas