08/09/2026
Cuarta edición da 'Carreira por Leo' no concello de Meis coa aspiración de acadar a cifra dos 2000 participantes

- 27:22 MIN
Cuarta edición da 'Carreira por Leo' no concello de Meis coa aspiración de acadar a cifra dos 2000 participantes
Toño Diz, coordinador da 'Carreira por Leo' en Meis, agradece a 'marea de solidaridade' de deportistas profesionais, entidades deportivas e personas particulares sensibilizadas coa realidade das familias que afrontan unha enfermidade rara nas súas vidas.
A ‘Carreira de Leo’ é xa un dos eventos solidarios máis salientables da comarca do Salnés. Este mes de outubro, o domingo, día 4, celebrarase esta proba popular grazas, sobre todo, á implicación de clubs, grupos e amizades que comparten a mesma forma de entender o deporte en valores: correr para sumar.
Iniciativa solidaria coa finalidade de recaudar fondos para aportar a investigación de enfermidades raras e, o mesmo tempo, homenaxear a memoria do pequeno Leo. A cuarta edición desta proba deportiva pretende superar a cifra de participantes de anos anteriores e situarse por enriba dos dous mil inscritos.
Nesta carreira que se celebrará na parroquia de Mosteiro de Meis poderán participar tanto nenos, como mozos e adultos.
O programa do evento contempla que todo arrinque o día 4 de outubro a partir as 9.30 horas cunha andaina de 6,5 quilómetros. Ás 11.00 horas terá lugar a saída da carreira absoluta, senior e máster cunha distancia para completar de 5 quilómetros.
E o prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o próximo 28 de setembro.
(Escoita entrevista completa con Toño Diz, coordinador da 'Carreira por Leo' en Meis).
Temas
- mas de uno pontevedra
- Juan de Sola
- carrera solidaria
- Enfermedades raras
- Meis
- audios
- Onda Cero Pontevedra
- La Brújula de Radioestadio Pontevedra
- Hotel Rias Bajas


