19/06/2026
Conta regresiva para a celebración das Serie Mundiais de Triatlón en Pontevedra

- 20:14 MIN
Conta regresiva para a celebración das Serie Mundiais de Triatlón en Pontevedra
O concello de Pontevedra ofrecerá a segunda quincena do mes de septembro un programa de concertos coa finalidade de aproveitar o escaparate intercional para dar a coñecer a cultura musical local e galega.
Restan cen días para a celebración das series finais do campionato mundial de tríatlon en Pontevedra. E concello da capital impulsa un programa de actividades musicais paralelas o evento deportivo co obxectivo de proxectar o talento autóctono.
Os eventos culturais e festivos ofrecen unha relación de concertos, pensados para unha ampla diversidade de públicos. Diferentes xéneros e xeracións encherán cos seus repertorios os escenarios das Praza de España, Peregrina, Praza de Ourense ou Recinto Feiral que contempla o marco ‘Somos Música’, unha iniciativa promovida polo concello de Pontevedra coa finalidade de promocionar a cultura local e galega ao resto do mundo, aproveitando a transversalidade que ofrecen uns mundiais de tríatlon que, a partir de segunda quince de setembro, regresan a Pontevedra.
Desde o venres 18 ao 27 de setembro, Zeltia Irevire, Moi, Uxia Lambona, Irmáns Visi, Helena Egea, Purple, Pablo Méndez Performances, Ortiga, De Ninghures ou Panorama City, entre outros, desfrutarán dunha oportunidade única para dar a coñecer toda as súas propostas e oferta musical ao mundo.
Grazas á celebración das World Triathlon Series, do 23 ao 27 de setembro de 2026, a cidade recibirá entre 4.500 e 5.000 triatletas de máis de setenta países e mobilizará a miles de participantes e acompañantes. Isto é só o punto de partida dunha convocatoria deportiva de nivel supremo.
(Escoita a entrevista completa con Anabel Gulias, concelleira de deportes de Pontevedra).
Temas
- Anabel Gulias
- Triatlón
- Juan de Sola
- audios
- Onda Cero Pontevedra
- La Brújula de Radioestadio Pontevedra
- deportes
- Pontevedra


