21/09/2026

Anabel Gulias: "Pontevedra repite celebración da Serie Mundiais de Triatlón por méritos propios"

Hotel Rías Bajas
Imagen: Onda Cero Pontevedra
  • 25:37 MIN

Anabel Gulias: "Pontevedra repite celebración da Serie Mundiais de Triatlón por méritos propios"

Encontros Hotel Rías Bajas

compartir
Anabel Gulias: "Pontevedra repite celebración da Serie Mundiais de Triatlón por méritos propios"

A concelleira de deportes celebra que a Federación Internacional de Triatlón valorase toda disposición e esforzo demostrado pola cidade e os seus veciños para acoller probas de máximo nivel organizativo, loxistico e deportivo.

Pontevedra volve situarse no epicentro do deporte internacional coa celebración da Gran Final das World Triathlon Series 2026, unha das citas máis importantes do calendario mundial da especialidade e que reunirá na cidade a milleiros de deportistas, técnicos, acompañantes e afeccionados procedentes de numerosos países.

A competición representa un novo recoñecemento ao modelo organizativo da capital pontevedresa, que nos últimos anos se consolidou como unha referencia internacional para a organización de grandes eventos deportivos. A celebración desta gran final mobilizará arredor de 4.000 a 5.000 participantes e acompañantes directos, que permanecerán na cidade durante aproximadamente dez días, xerando unha intensa actividade na hostalería, no comercio e nos servizos turísticos. Ademais, estímase que outras 15.000 persoas se distribuirán por diferentes municipios da contorna, ampliando o impacto económico a boa parte da comarca.

Un dos aspectos máis destacados será o percorrido ciclista, deseñado para discorrer polo centro urbano co obxectivo de achegar a competición á cidadanía e facilitar unha ampla cobertura televisiva internacional. Esta configuración permitirá que as imaxes da cidade e do seu patrimonio cheguen a millóns de espectadores en todo o mundo.

O Concello activou xa distintos dispositivos informativos e de mobilidade para facilitar a convivencia entre a actividade diaria da cidade e o desenvolvemento das probas.

A celebración da Gran Final supón tamén a culminación dunha estreita relación entre Pontevedra e o tríatlon internacional. A cidade acolleu con éxito diferentes campionatos europeos e mundiais nos últimos anos, consolidando unha reputación que a converte nun dos destinos máis valorados polos organismos internacionais deste deporte.

Con esta nova edición das World Triathlon Series, Pontevedra reforza a súa proxección exterior, promove a práctica deportiva e consolida unha estratexia que combina deporte, turismo e promoción internacional, situando de novo a cidade no mapa das grandes competicións mundiais.

(Escoita a entrevista completa con Anabel Gulias, concelleira de deportes de Pontevedra)

Temas

  • Anabel Gulias
  • mundial
  • audio
  • Onda Cero Pontevedra
  • Entrevista
  • competición
  • Programa
  • Triatlón
  • Juan de Sola
  • La Brújula de Radioestadio Pontevedra
  • deportes
  • Pontevedra