24/06/2025

- 23:08 MIN
O voceiro do BNG Luís Seara critica a "falta de iniciativas culturais" en Ourense no verán
O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ourense, Luis Seara, fixo balance de asuntos de actualidade municipal con Paco Sarria en "Más de Uno Ourense"
O voceiro municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Ourense, Luis Seara, fixo balance en "Más de Uno Ourense" da recente celebración das Festas do Corpus sinalando que en absoluto foron un éxito como sinala o Alcalde xa que "pareceron unhas festas de barrio máis". Seara lamentou a falla de identidade dos festexos a diferencia dos de outras cidades.
Asemade lamentou a falla de propostas culturais e festivas para o resto do verán. O edil nacionalista repasou asuntos da actualidade municipal como os orzamentos, a ZBE ou o termalismo.


