23/10/2024
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 23 de Outubro

As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.
Abrimos hoxe este espacio con unha proposta para o público infantil: “Leila, la bruja perfecta” de Flavia Z. Drago. O conto dunha bruxa tan encantadora como feiticeira que é quen de cambiar formas e que na sua vida ten ganado todo tipo de trofeos. Pero fáltalle un que lle fai moita ilusión. O Brujiconcurso…
A segunda proposta conéctanos co ourensán Juan Tallón e seu “Mientras haya bares”. E é que un pobo que perde a capacidade para convocar unha reunión ó redor da barra dun bar, é un pobo morto. Da igual que ainda teña habitantes por que ese pobo é un cadáver. (Algo que difícilmente ocorrirá en Ourense one somos moi de bares…
En terceiro lugar “El misterioro caso del impostor del Titanic” de Carmen Posadas. A autora embárcase con Emilia Pardo Bazán nunha aventura detectivesca que arranca en abril de 1922 cando a viuba de Peñasco ten un mal presentimento mentres almorzaba no seu palacete en Madrid.
E por último “Mi querida Lucía” de La Vecina Rubia. Unha novela negra, brillante, e que non deixará indiferente ó lector ou lectora.


