08:15 MIN
As suxerencias literarias de La Librería CyC do 02 de Outubro

As recomendacións semanais de La Librería CyC chegaron da man de Israel Barandela.
Comezamos repaso polas recomendacións literarias da semana con “Inmortal Dark” de Tigest Girma.
A Kidan Adane, herdeira da Casa Adane, nunca lle interesou a prestixiosa Universidade de Uxlay, nin a sua sociedade de vampiros, nin as suas extrañas casas, e moito menos as suas herdanzas. O único que lle importa é atopar á súa irmá melliza desaparecida (June). Falamos do novo fenómeno Romantasy Dark Academia.
A segunda proposta é “Un silencio lleno de murmullos” de Gioconda Belli e editada por Seix Barral. A emocionante historia dunha nai e dunha filla marcadas por un soño revolucionario. O relato dunha metamorfose da deconstrucción e construcción dunha persoa e da sua identidade.
Seguimos con “La saga de los longevos” de Eva García Sánez de Urturi. ¿Qué farías si teu xefe, un experto arqueólogo, confesara que naceu hai 10.300 anos?. A saga dos lonxevos é unha saga familiar con tintes históricos ambientada no Museu da Arqueoloxía de Santander.
E rematamos hoxe con “Redes” de Eloy Moreno. Obra na que narra ó través dos ollos dunha adolescente, unha historia que se converteu na realidade de todos nós. Cantos likes vale a tua felicidade?.


