10:59 MIN
sonia ogando

A voceira municipal do PP, Sonia Ogando pasou polos micrófonos de Onda Cero Ourense.
Sonia Ogando dixo en Más de Uno que plantexar unha moción de censura contra Pérez Jácome sen pactar antes uns acordos de actuación conxunta entre PP, PSOE e BNG, como pretenden os nacionalistas "non ten pés nin cabeza".
Ogando motivou a posición dos populares ó redor das posibilidades de avance na moción manifestando a dispoñibilidade do seu partido a seguir negociando si son requeridos para elo.
Xustificou ademáis por que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda non se entrevistou hoxe co Alcalde e si co presidente da Deputación Luis Menor e voltou a criticar o programa das festas de verán ademáis de abordar outros asuntos da actualidade municipal.


