05/06/2025

O edil do PP no concello de Ourense, Jorge Pumar, agradeceu hoxe en Onda Cero a organización de patrullas de vixianza no barrio de A Ponte onde dixo que é necesario "atallar" o que está a ocurrir en materia de inseguridade cidadá.
Pumar tamén foi crítico co papel do Concello neste asunto manifestando que non ve patrullas da policía local pola cidade. O edil popular abordou en Más de Uno Ourense asuntos como o proxecto de reforma do Xardín de O Posío do que dixo que está a ser cumprido, e tamén criticou a falla de explicacións do goberno local en asuntos como a ZBE ou a prevista suba do recibo do auga.


