16/09/2025

En plena polémica pola entrada en servizo das novas liñas de bus urbán, o edil do PP, Pepe Araújo declarou en Onda Cero que o Alcalde "tomouse o deseño das novas liñas de autobús como un xoguete, deixando tiradas a moitas persoas".
Araújo comentou amplamente o primeiro día desta reestructuración e seguindo cos buses dixo que no seu partido son partidarios da gratuidade do servizo como anunciou o Alcalde "si hai fondos" lembrando que hai outras necesidades no ámbito social.
O edil popular tamén abordou outros asuntos como a ausencia de actividades e iniciativas municipais con motivo da Semana Europea de Mobilidade.


