19/06/2025

O edil do PP no Concello de Ourense, Pepe Araújo, dixo en Más de Uno estar sorprendido coa ausencia de avances en materia xudicial relacionados cos audios nos que o Alcalde falaba de "asuntos turbios" e de "dar el palo a lo grande", desvelados polo xornal La Región.
Araújo repasou en Onda Cero diversos asuntos da actualidade municipal como a limpeza de parcelas no rural ou a ordenanza de veladores.


