24/09/2025

O delegado do goberno en Galicia, Pedro Blanco, repasou hoxe en Ourense os 1200 euros de investimento do goberno de Pedro Sánchez na provincia.
Blanco, dixo hoxe ademáis en Más de Uno Ourense que as competencias da loita conta o lume corresponden á Xunta, preguntado sobre a petición dunha dotación permanente da UME con sede en Ourense. Lembrou o delegado que Rajoy nin quixo facelo no seu día como tampouco quería a Unidade Militar de Emerxencias.
Blanco viu a Ourense para reivindicar o impulso do goberno central a proxectos estratéxicos nunha provincia na que o investimento acada os 1200 millóns de euros, salientando en especial o cumprimento dunha vella demanda cal é o saneamento do río Barbaña no que serán investidos 35 millóns de euros.


