10/12/2024

Natalia Gonzalez

Natalia González, portavoz do Psoe no Concello de Ourense
  • 16:40 MIN

Natalia Gonzalez

Más de uno ourense

compartir
Natalia Gonzalez

A voceira socialista no Concello de Ourense, Natalia González, declarou en Más de Uno Ourense de Onda Cero que a decisión de Jácome de non convocar conferencias de prensa cos medios de comunicación atenta contra un dereito fundamental dos cidadáns e que cando o Alcalde toma esa decisión considerando que os xornalistas manipulan "está mirándose no seu propio espello".

Os socialistas anunciaron que levarán o asunto ó Parlamento de Galicia e que piden un pronunciamento da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

González tamén criticou os últimos movementos do PPdeG e da dirección do Partido Popular en Ourense por achegarse a Democracia Ourensana para garantirse a Deputación sinalando que con elo convértense en "pagafantas de Jácome", desmantelando ademáis ó grupo municipal popular.

Sobre o alumeado de Nadal explicou que os socialistas teñen a percepción de que hai menos luces e que a calidade é máis baixa. E sobre o PXOM voltou a incidir na importancia de que o documento teña seguridade xurídica e de que sexa exposto ó público.