11:51 MIN

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, dixo hoxe en Más de Uno Ourense que o Alcalde da cidade actuou con irresponsabilidade ó bañarse coa edil de festexos na terma do Muiño de A Veiga xa que "o baño segue sen ser recomendable".
Pardo lembrou que o Concello debe actualizar a instalación e que entre tanto non pode recomendarse o baño. O delegado territorial tamén falou dos novos servizos de transporte interurbán ó Hospital de Piñor, ó Complexo Acuático de Monterrei e á estación do Ave en A Gudiña.


