11/09/2024
Habitar o Baleiro; a exposición de Brais Lorenzo sobre o despoboamento en Galicia

- 23:04 MIN
Habitar o Baleiro; a exposición de Brais Lorenzo sobre o despoboamento en Galicia
Son imaxes que reflicten soidade, aillamento ou abandono en zonas que sofren a maior perda de poboación en Galicia.
O fotoxornalista Brais Lorenzo e a xornalista Claudia Morán pasaron hoxe polos micrófonos de Más de Uno Ourense para falarnos da exposición "Habitar o Baleiro" coa que o ftógrafo ourensán amosa unha ollada sobre o despoboamento de Galicia ó través dunha selección de imaxes recollidas durante a última década.
A mostra, que podemos ver no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o 3 de novembro é, en palabras do autor, "un proxecto que xorde do amor pola vida que latexa no rural, e como un exercicio de memoria e de preservación". Unha proposta coa que tamén queren abrir un debate sobre o que está a ocorrer diante de nós.


