15/10/2024
O delegado territorial da Xunta nega que as obras da senda estén paralizadas

- 06:04 MIN
O delegado territorial da Xunta nega que as obras da senda estén paralizadas
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, negou hoxe en Más de Uno Ourense que as obras da senda peonil que a administración autonómica executa de extremo a extremo da cidade estén paralizadas.
Falou en todo caso de trámites pendentes de solucionar coa administración local. Pardo tamén falou de que está aberto o prazo para a solicitude de solo industrial gratuíto e do proxecto de conservación da estrada OU-413, no treito de subida ó Seminario, que foi presentado á AVV de Vistahermosa.


