22/07/2025

O veterán músico Coché Villanueva da un novo paso na súa carreira musical creando a Coché Vil Band que estreará a súa posta en escea este xoves na Praza de Saco e Arce, ás 10 da noite, a carón do Ceres e con 10 euros por entrada.
Entre os integrantes da banda figura o tamén veterán do rock, Pacho Brea. Con Villanueva falamos da súa evolución e da situación da música en Ourense.


