18:45 MIN

O Caldo de Gloria de Rosalía protagonista no Lusitano e na Zapatería del Abuelo

caldo de gloria
  • 18:45 MIN

O Caldo de Gloria de Rosalía protagonista no Lusitano e na Zapatería del Abuelo

Más de uno ourense

compartir
O Caldo de Gloria de Rosalía protagonista no Lusitano e na Zapatería del Abuelo

O poema de Rosalía de Castro sobre o Caldo de Gloria leva a varios establecementos hosteleiros da provincia de Ourense a renderlle homenaxe.

En Se nos va la Olla, con Paco Sarria e Rubén Amorín a falar desta iniciativa e doutros proxectos cos responsable do Restaurante Lusitano e tamén de La Zapatería del Abuelo.

O domingo 23 de febrero celebrase o Día de Rosalía, unha data moi especial para todos os galegos, e para festexalo como se merece, un total de trece locais de hostelería da provincia de Ourense se unen nunha iniciativa gastronómica, ofrecendo un tradicional "Caldo de gloria" os seus clientes.

Onde desfrutar o "Caldo de Gloria"

Por "Se nos va la Olla" pasaron Xisco Silva (chef de Restaurante Lusitano de Lobios) vía telefónica e Beatriz Alcalá (La Zapatería del Abuelo) que explicaron a Paco Sarria, Rubén Amorín e os ouvintes de Onda Cero en que consiste esta iniciativa

Beatriz Alcalá no estudio de Onda Cero
Beatriz Alcalá no estudio de Onda Cero | Onda Cero Ourense

¿Qué é o Caldo de Gloria?

O “Caldo de Gloria” é un plato humilde, que se fixo famoso grazas á gran poeta galega Rosalía de Castro, que reflexaba no seu poema “Miña casiña, meu lar” do libro “Follas novas”. Neste poema conta cómo unha muller chega a Padrón, desde Santiago de Compostela, cansada e famenta, e a pesar da sua pobreza logra preparar un caldo sencillo, pero que lle sabe "a gloria": con grelos, repolo, patatas, fabas e un pouco de unto.

Este domingo 23 de febrero, no servizo de comidas, os clientes destos locais poderán degustar este sencillo pero sabroso Caldo de Gloria. Haberá un cartel na porta dos establecementos, para anunciar esta iniciativa, que se realiza en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, de Padrón.