25/02/2025

ana mendez

Ana Méndez edil do grupo municipal do PP do Concello de Ourense
  • 23:23 MIN

ana mendez

Más de uno ourense

compartir
ana mendez

A voceira do PP no Concello de Ourense, Ana Méndez, confirmou en Más de Uno que "como en calquera partido, hai diferentes opinións e puntos de vista" ó ser preguntada sobre si existe unha corrente interna partidaria de co-gobernar o concello con Democracia Ourensana.

Méndez explicou que o que lles piden militantes, votantes, simpatizantes e cidadáns en xeral é "traballar como un equipo unido" e que si non o fan así non lles vai a ir ben.

A voceira popular repasou en Onda Cero outros asuntos da actualidade municipal como a recente entrevista do Alcalde co embaixador chinés, declarando que "a promoción de Ourense non se mide en postureos", como tamén a posición do PP en relación co futuro da praza de San Antón sobre a que pesa unha sentencia xudicial indicando que é necesario chegar a un acordo "entre todos" para evitar as indemnizacións que lle corresponderían ó Concello.

O Entroido, o incendio na Avenida de Santiago ou destiñar o Museu Municipal a bar como pretende o goberno local foron tamén algúns dos asuntos tratados sinalando a este último respecto que " ademáis de inaxeitado sería ilegal".