19:45 MIN
Ana Méndez (PP): "A realidade do termalismo en Ourense é o de zonas abandonadas"

- 19:45 MIN
Ana Méndez (PP): "A realidade do termalismo en Ourense é o de zonas abandonadas"
A edil do PP no concello de Ourense, Ana Méndez, repasou a actualidade municipal en Más de Uno abordando a situación do termalismo e negando as afirmacións do Alcalde, Pérez Jácome, sobre que están a pleno rendemento.
Ana Méndez declarou ó respecto que a realidade é que "hai zonas abandonadas, sen mantemento e sen limpeza", lembrando que os trens que transportan ós usuarios están avariados e que a pisciña termal de As Burgas segue rematada pero sen uso dende maio.
Méndez tamén abordou outros asuntos como a seguridade cidadá declarando que "Ourense non é unha cidade insegura pero si hai barrios con problemas que rexistgran incidencias".
Asemade, a edil popular falou da falla de orzamentos municipais, das 8 concesións en precario, do proxecto de soterramento da praza Concepción Arenal ou da intención do Alcalde de pechar os parques para o uso ás 11 da noita.


