O Concello de Bande (20.30hs) e o de Allariz (22.20hs) serán os primeiros en acoller hoxe as XL Xornadas do Folklore que promove a Deputación Provincial de Ourense e o Centro Cultural "Xaquín Lorenzo Xocas". Para falar desta edición falamos en "Más de Uno Ourense" co coordenador do evento, Xulio Fernández Senra.