17/06/2025

- 09:29 MIN
30 Concellos integran a plataforma en demanda de paradas do AVE na Gudiña
A recén constituída Plataforma “Dereito ó Tren” reivindica que Renfe e Adif reconsideren a decisión de suprimir as paradas de 3 Aves na estación de A Gudiña.
30 concellos están representados e agardan recibir máis apoios por considerar que a decisión dos xestores ferroviarios atenta contra o reto demográfico, agrava o despoboamento do rural e mesmo afecta á soedade non desexada. Así nolo contou o voceiro do colectivo, Rubén Riós.
Ainda non teñen fixada a data para unha gran manifestación, pero si enviarán comunicacións á Casa Real, ó Valedor do Pobo, ó Defensor de el Pueblo, ó Comisario Europeo de Transportes, á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense. Para Riós a decisións de Renfe e Adif son denigrantes, polo que insistirán en que sexa revertida a situación.


