"La última canción del batallón Galicia" é a última novela do xornalista e escritor asturiano Cristóbal Ruitiña. Ruitiña foi entrevistado en Más de Uno Ourense onde contou a historia do comandante José Moreno Torres e dos seus homes. Torres era un anarquista coruñés que foi asasinado en outubro do 37 despois de liderar a loita antifranquista en terras astures, co batallón de choque 219 que sería rebautizado como "Galicia".