12/11/2021
Entrevista a Xinzo (xogador da UD Ourense) e presentación do 1º Magosto Unión Deportiva Ourense

- 16:37 MIN
Entrevista a Xinzo (xogador da UD Ourense) e presentación do 1º Magosto Unión Deportiva Ourense
O domingo a Unión Deportiva Ourense celebra a primeira edición do seu magosto cómo previa o partidazo que enfrenta ós vermellos coa Cultural Areas, partido que analizamos con Pablo Nogueiras "Xinzo", xogador do Ourense
1º Magosto Unión Deportiva Ourense
O domingo a partir das 12:30 horas, a UD Ourense celebra a primeira edición do seu magosto na entrada da bancada de tribuna do Couto.
Haberá chourizos, empanada, castañas, pan e viño. Amenizado con algo de música e moita esmorga.

Entrevista a Pablo Nogueiras "Xinzo"
Pablo Nogueiras, máis coñecido cómo Xinzo, pasou polos micrófonos de Onda Cero Ourense para falarnos da súa experiencia nesta primeira temporada na Unión Deportiva Ourense

UD Ourense - Cultural Areas
O Ourense recibe ó Areas o domingo a partir das 16:30 horas no campo de O Couto nun enfrentamento entre o primeiro clasificado (os vermellos) e o segundo clasificado (os branquiazuis).
A UD Ourense comenza, desde esta fin de semana, unha campaña en colaboración con Cruz Vermella Ourense de recollida de mantas.
Asimesmo, a UD Ourense renderá homenaxe á Escola de Ximnasia Burgas
Temas
- Onda Cero


