19/06/2026

A UD Ourense e a UD Barbadás unen forzas nun acordo para potenciar o fútbol provincial

Ourense e Barbadás unen forzas
  • 05:53 MIN

O Barbadás convertese en filial do Ourense. Obxectivo potenciar o fútbol provincial

La Brújula de Radioestadio Ourene 19/06/2026

compartir
O Barbadás convertese en filial do Ourense. Obxectivo potenciar o fútbol provincial

O Barbadás, conxunto de Preferente Galicia, convértese en filial do Ourense, equipo de Primeira Federación.

O acordo busca crear un camiño intermedio sólido para os mozos talentos da base antes de dar o salto definitivo ao estadio do Couto

A Unión Deportiva Ourense e a Unión Deportiva Barbadás asinaron un convenio estratéxico de filialidade que marca un antes e un despois na estrutura futbolística de ambos clubes. Mediante esta alianza de unha tempada con opción a renovación, a UD Barbadás pasa a funcionar como o filial oficial da UD Ourense, facilitando un salto madurativo e competitivo idóneo para os xogadores formados na canteira vermella que aspiran a consolidarse no primeiro equipo na Primeira Federación.

O acordo, xestionado polos equipos directivos de ambas as dúas entidades, presentouse formalmente na bancada do Estadio do Couto. Esta unión non só ten unha dimensión estritamente deportiva, senón tamén unha fonda vocación social de vertebración provincial.

"Facer provincia" a través do fútbol

O presidente da UD Ourense, Javier Orbán, amosouse profundamente satisfeito coa sinatura deste contrato, destacando que o obxectivo prioritario é que os rapaces da provincia teñan unha liña clara de progresión: "Máis que un convenio, isto é unha unión de forzas. É un proceso que madura durante anos e que por fin se plasma. O que buscamos é que os nosos nenos teñan onde chegar, facer provincia"

O máximo mandatario vermello sinalou tamén que a sintonía coa directiva do Barbadás é total e que se buscará un impulso social mutuo, desexando que "a xente da UD Ourense sinta o Barbadás como algo propio, e a xente do Barbadás sinta o Ourense como algo

propio; que estar sentado na bancada dos Carrís ou do Couto sexa o mesmo".

Pola súa parte, o presidente da UD Barbadás, Pablo Campelo, agradeceu a confianza depositada pola directiva ourensá e amosouse convencido do éxito da alianza. Campelo manifestou que este paso estratéxico fará que ambos os clubs sexan "máis fortes", aproveitando non só a proximidade xeográfica, senón tamén unha filosofía de traballo moi compartida.

No deportivo, unha ponte necesaria para o talento ourensán

No plano puramente deportivo, a filialidade resolve unha carencia histórica na estrutura da UD Ourense: o baleiro competitivo que existía para os futbolistas que remataban a súa etapa xuvenil e precisaban rodaxe antes do esixente fútbol profesional da Primeira

Federación.

Declaracións de Fernando Currás, director de fútbol do Ourense

Fernando Currás, director de fútbol da UD Ourense, explicou que o corpo técnico da UD Barbadás traballará nunha dinámica moi similar á do primeiro equipo vermello, o que garantirá que o día a día dos xogadores sexa un espello da realidade profesional que se

van atopar máis adiante. Currás destacou o crecemento da canteira —con varios rapaces xa asentados con protagonismo no primeiro equipo— e indicou que este paso era fundamental na pirámide do club. "A posibilidade dese punto intermedio entre a etapa xuvenil e o primeiro equipo era algo que parecía que tiña que existir. Estamos construíndolle un camiño ao talento ourensán para facelos mellores", afirmou Currás.

Ademais, o director de fútbol recoñeceu que nos últimos anos a entidade botara en falta unha ferramenta de promoción coma esta e adiantou que o beneficio será inmediato, revelando que incluso algúns xogadores que saíran da base no pasado "están a tempo aínda de volver a casa e continuar o que habían arrancado". Con categorías de base asentadas no máximo nivel, a UD Ourense pretende que calquera neno que comece no fútbol 11 infantil vexa todo un proceso claro e estruturado para cumprir o seu soño de defender a camisola vermella no Couto

Temas

  • U.D. Ourense
  • Mas de uno ourense
  • BARBADÁS