15/10/2021
1 Romaría Unión Deportiva Ourense

Este fin de semana dobre cita no campo de O Couto, por un lado a 1ª Romaría da Unión Deportiva Ourense e por o outro o derby co Verín CF
1 Romaría Unión Deportiva Ourense
Carlos Quintairos, vicepresidente da Unión Deportiva Ourense, é o noso convidado para presentarnos a xornada do domingo 17 de outubro en torno ó Ourense.
O domingo preséntase festivo para os seguidores da UD Ourense que teñen unha cita co seu club que comenza as 11:30 horas na entrada de Tribuna do campo de o Couto con un programa de actos que inclue diversas actividades:
- 11:30 horas: presentación da terceira equipación da UD Ourense
- 12:00 horas: actuación de grupos musicales
- Xantar Popular con empanada e polbo
Despois foliada libre e moita Esmorga. Desde a directiva do Ourense animan os seguidores vermellos a levar o seu instrumento musical e bailar ó ritmo da Unión Deportiva Ourense.
UD Ourense - Verín CF
As 18:00 horas a Unión Deportiva Ourense recibe no Couto ó Verín CF.
Derby que promete ser moi vibrante e que enfrenta ó segundo clasificado (Verín CF) co terceiro (UD Ourense) e no que se agarda unha gran entrada no histórico estadio vermello coa presencia tamén de moitos siareiros chegados de terras de Verín.
Temas
- Onda Cero


