03/01/2018
Monforte na Onda 03/01/2018

Crece en Monforte a preocupación polo estado no que se atopan moitas casas abandonadas. Falamos no programa de hoxe coa propietaria dunha vivenda na zona da Compañía que leva máis dun ano agardando solución para o problema que sofre a súa vivenda e que ela mesma nos conta. Coa Directora Xeral do Patrimonio Cultural falamos do expediente aberto para declarar BIC a Ribeira Sacra. Ada Agrasar fálanos do libro que reedita de Amor Meilán sobre a lenda da "coroa de fogo" e entre outros asuntos, falamos dos accesos ao porto seco.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
