30/06/2026
Más de uno Monforte de Lemos 30/06/2026

Programa completo do 30/06/2026
O grupo municipal do PP abandonaba o pleno celebrado onte en Monforte xusto cando o alcalde chamaba á voceira por 3ª vez a orden e pedíalle que que saíra do salón de plenos por intervir cando non tiña turno de palabra. Rifirafe que recuperamos entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima. Conversamos tamén con venezolanos residentes en Monforte que recollen materiais para mandar ós afectados polo terremoto. Dana López, Miguel Ángel Fernández e Alejandro Sousa, cóntannos como viven eles a traxedia dende a distancia. Recollemos balance do “Bono de Asesoramento” que Agader financiou para os finalistas do concurso de proxectos empresariais Semente Ribeira Sacra, con Paz Rodríguez, directora de AGADER e Javier Germande, da consultora que impartiu a formación que se vén de clausurar. Entre outros asuntos, co técnico Alfonso Losada, repasamos novas do sector vitivinícola.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
