30/04/2026
Más de uno Monforte de Lemos 30/04/2026

Programa completo do 30/04/2026
Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando coa sumiller Mónica Fernández que pregoará o domingo a Feira do Viño de Vilachá de Salvadur. O xerente da Área Sanitaria Ramón Ares particiou da xornada divulgativa organizada polo Hospital Comarcal para celebrar os 40 anos e con él falamos desta celebración. 10 usuarios ten xa a residencia que a Fundación San Rosendo abriu no concello de Pantón e dela falamos coa directora, Elena Ulloa. As intervencións que se fagan este verán no Castro de San Lourenzo contarán un ano máis con participantes dun dos campos de traballo que para a mocidade organiza a dirección Xeral de Xuventude e das actividades previstas falamos co arqueólogo Xurxo Ayán. E sobre acoso escolar hai organizado hoxe un acto dende o Rincón de Leonardo no Ateneo Casino, falamos co profesor Javier Saco. E no gabinete xurídico que cada xoves compartimos con AV10, Javier Leiro repasa o proceso de regularización de emigrantes que ten en marcha o Goberno.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
