29/07/2026
Más de uno Monforte de Lemos 29/07/2026

Programa completo do 29/07/2026
O concello de Monforte saca a licitación o primeiro dos catro parques que para cans ten previsto facer na cidade. Será no Parque de Cobas, ocupará unha superficie de 1.300 metros, o investimento previsto é de 150 mil euros, a previsión é que se poida abrir no primeiro trimestre de 2027. É un dos asuntos que contamos no programa de hoxe no que conversamos con Sonia González de Optinova sobre as gafas que debemos utilizar para observar o eclipse do 12 de agosto con seguridade. Teatro, música e cine no programa cultural deste verán no concello de A Pobra do Brollón e que repasamos coa concelleira Marián Martínez. Os veciños de Tuiríz celebran o día 9 de agosto a Festa da Malla pero xa teñen actividades esta fin de semana e repasámolas conversando con José Manuel Blanco, un dos membros da comisión organizadora. E consumo responsable da auga piden aos veviños dende o concello de Pantón, xa non hai restriccións pero siguen revisando o excesivo consumo que se rexistra este verán.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
