28/04/2026
Más de uno Monforte de Lemos 28/04/2026

Programa completo de Más de Uno Monforte de Lemos do 28/04/2026
Segue a folga de médicos reclamando estatuto propio e hoxe houbo concentración ás portas do Hospital Comarcal, repasamos reivindicacións conversando co doutor Mouriño, representante do Sindicato Médico Omega. Dámoslle conta da nova campaña promocional do CCU conversando co xerente, Ángel Folgueira, e falamos tamén con Luisa Astray e Fina Martínez, gañadoras de premios do Rally do Comercio. Co alcalde de A Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, falamos da Feira do Viño de Vilachá de Salvadur que comeza este venres, da adega Amedo, que vén de sacar un viño rosado do que nos fala Lorena Gay, e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, entrevistamos tamén ao alcalde de Ribas de Sil que este mércores leva ao pleno os orzamentos municipais e será o primeiro de Galicia en xestionar unha Comunidade de Montes Comunais, unha iniciativa pioneira da que nos fala Roberto Castro.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
