25/09/2026
Más de uno Monforte de Lemos 25/09/2026

Programa completo do 25/09/2026
O PP denuncia que o concello de Monforte deberá pagar 90 mil euros á CHMS como taxa por obras que o organismo de conca cofinanciou neste concello antes de que entrara en vigor a normativa que establece este pago. Falamos delo co senador José Manuel Balseiro. Escoitamos tamén aos deputados do BNG Néstor Rego e Iago Suárez e o voceiro Emilio Sánchez, que seguen reclamando máis e mellores servizos ferroviarios, hoxe nunha rolda de prensa diante a propia estación. Detidas tres persoas en Monforte relacionadas con roubos en vehículos e edificios en obras, un operativo que nos explica o Inspector Xefe do operativo local da Policía Nacional, Celso Dacal. E todo preparado en Vilelos, no concello de O Saviñao para cumplir esta noite co Folión das Fachas do que nos fala Lorena Noguerol. Repasamos próximas citas do club de piragüimos Quixós con director técnico Santi Díaz e da última hora do Club Lemos infórmanos o presidente da entidade, Antonio López.
Temas
- Onda Cero Monforte de Lemos
- Monforte de Lemos
- MAS DE UNO MONFORTE
- Ribeira Sacra
